Imaxe escoitar Escoitar

Unha indisposición a causa mais probable dunha saída de vía na Pobra do Caramiñal

Un home foi evacuado  esta mañá polos servizos sanitarios despois de saírse da vía co seu vehículo na Pobra do Caramiñal. Unha indisposición do condutor puido ser a causa que provocou o accidente. Así o constataban os axentes da Policía Local que se desprazaron ao punto. Nada mais recibir o aviso de Urxencias Médicas, pasados uns minutos das 10:00 horas, o 112 Galicia informou á Policía Local e aos Bombeiros de Ribeira.

O condutor foi trasladado polo persoal médico ao centro sanitario da localidade.    

Dous feridos en Teo
Case  á mesma hora, persoal sanitario tamén informaba ao 112 Galicia de dúas persoas feridas en Calo, no concello de Teo, a causa dunha colisión. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitou, decontado, a colaboración dos axentes de Tráfico e informou aos efectivos do GES da Estrada e de Protección Civil de Teo.  

facebook twitter instagram