Escuchar

Feridos un adulto e unha menor ao ser atropelados por un turismo en Vigo

Un adulto e unha nena resultaron feridos esta mañá despois de ser atropelados por un turismo á altura do número catro da Rúa Santa Clara, en Lavadores, no Concello de Vigo. O suceso ocorreu sobre as 11:30 horas de hoxe. Foi a esa hora cando persoal sanitario indicaba ao CAE 112 Galicia que unha UVI móbil se dirixía ata ese lugar. Nada mais recibir o aviso de Urxencias Médicas, o 112 Galicia informou do acontecido á Policía Local, Bombeiros e Protección Civil da cidade.

Caída de moto en Poio

Un motorista resultou ferido ao caer da moto que conducía no Concello pontevedrés de Poio. No momento de producirse o accidente, o motorista circulaba pola estrada que une Samieira e Raxó, concretamente, en Monte Covelo, á altura do número 20. Ningún outro vehículo se viu implicado no accidente. Dende o CAE 112 Galicia, tras ser alertados  por Urxencias Médicas cando faltaban dez minutos para as 12:00 horas deste mediodía, se pasou aviso aos axentes de Tráfico e da Policía Local de Poio. Igualmente, se informou aos efectivos do GES de Sanxenxo e de Protección Civil de Poio.