Escuchar

Santiago rexistra dous atropelos en pouco máis dunha hora

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Santiago en senllos atropelos.

O primeiro dos accidentes aconteceu na rúa Ramón Baltar. Urxencias Médicas informou dos feitos ao 112 Galicia ás 11:00 horas desta mañá. Pola súa banda, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Santiago, a Protección Civil e á Policía Local.

Pouco despois, rexistrouse outro atropelo na Avenida de Rosalía de Castro. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 12:10 horas desta mañá para dar conta dos feitos.

O persoal da central de emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Santiago. O sinistro tamén foi posto en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.