Escuchar

Dúas persoas necesitaron asistencia despois de vérense implicadas nun accidente de tráfico en Bergondo

Tres vehículos colidiron esta tarde na AC-162, ao paso polo concello de Bergondo. Como consecuencia do golpe, dúas persoas resultaron feridas e foron atendidas polos profesionais de Urxencias Médicas no mesmo lugar do accidente. 

O sinistro produciuse arredor das catro da tarde, concretamente, no lugar de Reboredo. Segundo explicaron os servizos de emerxencias, por mor do impacto, resultou danado o mobiliario urbano que separa a calzada da senda peonil. 

Así, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración do equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega Infraestruturas, así como da Garda Civil de Tráfico e do servizo sanitario de urxencias. Tamén avisaron aos Bombeiros de Betanzos.