Escuchar

Unha colisión entre dous coches sáldase cun neno ferido en Neda

Un choque entre dous turismos tivo lugar esta tarde en Neda. Nun dos vehículos accidentados viaxaba un neno, que recibiu asistencia médica. O impacto ocorreu na AC-862, concretamente no punto quilométrico 7. Un particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 15:40 horas. Indicaba no seu relato que se atopaban na ponte de Xúbia, sentido Neda. Sinalaba ademais que, por mor da colisión, estábanse producindo retencións na estrada.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, á Policía Local, aos Bombeiros de Narón, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento da estrada.