Escoitar

Un motorista resultou ferido grave tras sufrir un acciente co seu vehículo en Cuntis

Un motorista sofre lesións graves despois de caer do seu vehículo cando circulaba pola estrada Cuntis-Moraña. O sinistro produciuse minutos antes das cinco desta tarde, concretamente, no lugar de Silvoso. Segundo explicaron os servizos de emerxencias, o ferido presentaba golpes no tórax e na cabeza, polo que foi evacuado de urxencia ao Hospìtal de Montecelo, en Pontevedra.

O persoal do 112 Galicia activou o operativo despois de recibir a chamada dunha persoa particular que pedía asistencia médica para o motorista. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos membros do GES da Estrada, aos voluntarios de Protección Civil da vila e aos Axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os profesionais de Urxencias Médicas.  

facebook twitter