Imaxe escoitar Escoitar
Unha persoa resulta ferida tras envorcar cun tractor en Pedrafita
O condutor dun tractor resultou ferido despois de sufrir un accidente en Pedrafita do Cebreiro, concretamente, en Louzarela. Debido á gravidade das súas feridas desprazouse ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense que procedeu ao seu traslado a un hospital de referencia. Un particular informou ao CAE 112 Galicia ás 16:18 horas desta tarde e, de inmediato, comunicouse a información a Urxencias Médicas, Garda Civil de Lugo e GES de Becerreá.
 
Un neno resulta afectado pola inhalación de gases en A Coruña
Un menor se viu afectado tras inhalar gas butano en A Coruña, concretamente, na Avenida de Hércules. Unha fuga procedente dunha mala combustión dunha caldeira provocou o traslado do neno a un hospital de referencia. O CAE 112 Galicia recibiu a información ás 14:39 horas desta tarde e púxose en comunicación cos Bombeiros e Policía Local de A Coruña. Urxencias médicas xa tiña constancia do sucedido.

facebook twitter instagram