Imaxe escoitar Escoitar

Dous menores foron atropelados noutros tantos accidentes rexistrados en Narón e Vigo

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia atendeu esta tarde dous accidentes nos que resultaron feridos dous menores.

En ambos os dous casos, os cativos foron alcanzados por un turismo, polo que necesitaron asistencia médica urxente.

O primeiro dos atropelos tivo lugar pouco despois das dúas desta tarde na Estrada de Castela, no concello coruñés de Narón, e ata alí desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias para atender a un neno duns seis anos, que foi alcanzado por un vehículo á altura do número 682, en sentido a Xubia.

Máis tarde, arredor das 16:30 horas de hoxe, outra menor da mesma idade foi arroiada por un turismo na Avenida de Madrid de Vigo, preto do antigo cárcere.

Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local, ademais dos servizos sanitarios de urxencia.

facebook twitter instagram