Imaxe escoitar Escoitar

Unha persoa ferida nun choque entre dous turismos e unha furgoneta

Unha colisión múltiple entre dous turismos e unha furgoneta deixa unha persoa ferida en Cambados. O sinistro produciuse na Avenida de Galicia.

A persoa ferida tivo que ser axudada a saír do vehículo. Os efectivos de emerxencia cortaron unha das portas do coche para poder evacuar á vítima. Foi trasladada nunha ambulancia ao Hospital do Salnés.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 13:40 horas de hoxe para alertar do accidente. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 estableceuse comunicación con Urxencias Médicas e cos Bombeiros do Salnés. Tamén se alertou a Protección Civil e á Policía Local. Como consecuencia da colisión, un dos carrís da vía permaneceu cortado ata que se procedeu á retirada dos vehículos e á limpeza da calzada.

 

Evacuado un menor ao sufrir unha caída de bicicleta en Neda

Un neno resultou ferido esta tarde no concello de Neda ao caer da bicicleta. O menor circulaba pola Avenida de Castelao cando se produciron os feitos.

A vítima tivo que ser trasladada nunha ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 16:45 horas de hoxe solicitando asistencia sanitaria. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas. Tamén se informou á Policía Local e á Garda Civil. 

facebook twitter instagram