Imaxe escoitar Escoitar

Arde por completo un coche en Caldas de Reis

Un incendio calcinou por completo esta tarde un vehículo, en Caldas de Reis. Os feitos rexistráronse na rúa Charnadela, na estrada que vai a Vilagarcía. 

Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia ás 17:35 horas desta tarde. 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES de Valga, a Protección Civil e á Policía Local. 

Os efectivos de emerxencia deron sufocado as lapas contra as 18:30 horas desta tarde. 

facebook twitter instagram