Imaxe escoitar Escoitar

Unha colisión múltiple sáldase cun home ferido no Grove

Un varón resultou ferido leve despois de producirse un choque entre tres turismos esta tarde no Grove. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home foi trasladado con dor cervical a un centro hospitalario.

O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través da chamada dun particular ás 14:40 horas. Indicaba no seu relato que o sinistro tivera lugar na PO-316, na rotonda da saída do pobo, sentido San Vicente.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos efectivos do GES de Sanxenxo, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.

Muller embarazada ferida
Por outra banda, o 112 Galicia tivo constancia dunha colisión entre dous coches en Fene. Por mor do impacto unha muller embarazada resultou ferida. Foi un particular quen alertaba á central do 112 ás 16:45 horas. Indicaba que se producira un accidente entrando na parroquia de Barallobre, debaixo da ponte do tren.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Fene, á Policía Local, aos Bombeiros de Ferrol e ao GES de Mugardos.

facebook twitter instagram