Un ciclista resultou ferido en Pereiro de Aguiar e o condutor dun vehículo en O Corgo
Un ciclista resultou ferido de consideración tras caer da bicicleta que manexaba cando circulaba pola estrada que une Ourense con Pereiro de Aguiar, á altura do cruce de Castadón. Debido á importancia das lesións ocasionadas tras a caída, se requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos. Nada mais recibir a alerta pasados uns minutos das 17:00 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos do GES de Pereiro de Aguiar. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso. Así mesmo, case á mesma hora, o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia tivo constancia dun accidente no que se viron implicados tres turismos. Neste caso, unha persoa resultou ferida e tivo que ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia. A colisión tivo lugar no tramo da estrada comprendido entre Nadela e Sarria, á altura de Maceda, no termo municipal lucense de O Corgo. Ademais dos servizos sanitarios, o 112 Galicia tamén informou á Garda Civil de Tráfico.