Escuchar

Unha colisión múltiple sáldase cunha persoa ferida en Santiago

Un accidente no que se viron implicados tres vehículos saldouse cunha persoa ferida leve en Santiago de Compostela. O sinistro tivo lugar antes da rotonda do Milladoiro. Foi un particular quen informaba da colisión ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 13:30 horas.

Decontado, o 112 Galicia pasaba o aviso a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico, que se desprazaron ata o punto. Ao chegar, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil indicaba ao CAE 112 Galicia que era necesaria a asistencia dunha ambulancia, polo que se puxo en coñecemento a Urxencias Médicas do accidente. A vítima foi atendida dunha dor nas cervicais. O 112 Galicia informou do sinistro, tamén, aos Bombeiros de Santiago.