Escuchar

Unha persoa falecida nunha saída de vía na AP-9

Unha persoa faleceu esta tarde nunha saída de vía na AP-9. O sinistro produciuse á altura de Vigo, entre a zona de Puxeiros e a saída do aeroporto de Peinador. A vítima mortal era o único ocupante do vehículo sinistrado. Urxencias Médicas informou do accidente ao 112 Galicia minutos antes das 17:00 horas de hoxe. Os profesionais do CAE 112 Galicia alertaron aos Bombeiros de Vigo e á Garda Civil de Tráfico.

 

Unhas 30 persoas implicadas nunha pelexa en Vigo

Alomenos 30 persoas víronse implicadas nunha liorta en Vigo. Os feitos aconteceron nunha praza situada entre dous edificios da rúa Florida. Varios particulares deron a voz de alarma ao 112 Galicia, o primeiro deles ás 16:45 horas desta tarde. Urxencias Médicas confirmou ao CAE 112 Galicia o número de persoas implicadas. Os profesionais do 112 Galicia informaron á Policía Nacional, que se desprazou ata o lugar. A esta hora, o operativo continúa en marcha e descoñécese se hai persoas feridas.