Escoitar

Trasladado un operario ao caer dende unha altura en Ordes

Un operario que estaba facendo reformas nunha tenda de xoguetes en Ordes tivo que ser trasladado a un centro hospitalario ao caer dende unha altura. Os feitos tiveron lugar na Avenida Alfonso Senra.

Foi o persoal do 061-Urxencias Sanitarias quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 14:00 horas.

Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso á Policía Local e a Protección Civil. Tamén se informou do acontecido á Garda Civil.

 

Unha persoa ferida despois de saírse da vía co seu coche en Pontevedra

Unha persoa resultou ferida leve ao saírse da vía o turismo no que viaxaba en Pontevedra. O accidente ocorreu na Avenida de Vigo.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso do 061-Urxencias Sanitarias ás 15:00 horas. Os técnicos sanitarios indicaban que a persoa atopábase accesible.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia informouse do sinistro á Policía Local, aos Bombeiros de Pontevedra e a Protección Civil.

Colisión entre dous coches
Por outra banda, en Redondela, un accidente de tráfico no que se viron implicados dous turismos saldouse cunha persoa ferida leve. Os feitos tiveron lugar na Avenida de Vigo, á altura do número 137.

Un particular contactaba co 112 Galicia ás 13:40 horas para dar conta do ocorrido.

A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos Bombeiros do Baixo Miño e a Protección Civil da localidade.

Motorista ferido
Ademais, un motorista resultou ferido esta tarde en Vilagarcía de Arousa ao caerse do seu vehículo. O accidente produciuse na rúa Castelao, á altura do número 23.

O 112 Galicia recibiu a alerta do sinistro a través dun particular ás 18:10 horas. Indicaba no seu relato que o condutor golpeárase na cadeira.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, de Protección Civil e dos Bombeiros de Vilagarcía.

facebook twitter instagram