Escoitar
Unha persoa queda atrapada no interior dun turismo tras impactar contra un farol en Barro
Os Bombeiros do Salnés liberaron esta tarde a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismo despois de saírse da vía e impactar contra un farol. Unha vez rescatado, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios de urxencia. O accidente sucedeu preto das cinco e media desta tarde na PO-531, á altura da parroquia de Curro. Un particular alertou ao CAE 112 Galicia, que puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais dos efectivos do parque comarcal e Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

facebook twitter instagram