Escoitar

Unha colisión entre dous turismos en Arteixo sáldase cunha persoa ferida

Unha persoa resultou ferida esta tarde nunha colisión na que se viron implicados dous coches en Arteixo. O accidente tivo lugar na AC-552, concretamente no punto quilométrico 17.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso dun implicado no sinistro ao fío das 14:00 horas. Indicaba que debido ao choque unha persoa resultara ferida nunha perna.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Arteixo e ao servizo de mantemento da estrada.

Ciclista ferido
Por outra banda, en Viveiro, un ciclista resultaba ferido ao colidir contra un turismo. Os feitos producíronse na Avenida Ramón Canosa.

Un particular alertaba ao 112 Galicia pasados uns minutos das 16:00 horas. Indicaba no seu relato que o ciclista permanecía tendido no chan.

Nese momento, dende o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e ao Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) de Viveiro.

facebook twitter