Imaxe escoitar Escoitar
Unha colisión múltiple deixa tres persoas feridas na AP-9, en Portas
Un total de tres persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple –tres vehículos implicados e outro sinistrado no carril contrario- que tivo lugar na AP-9, no punto quilométrico 113, dirección Vigo, ao paso da localidade de Portas. Varios particulares chamaron ao CAE 112 Galicia para pedir axuda que, de inmediato,  pasou aviso a Urxencias Médicas. Ademais, se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do GES de Valga e de Protección Civil de Portas, de Vilagarcía e de Cuntis que confirmou ao 112 Galicia que os feridos ían a ser trasladados en ambulancia a un centro hospitalario de referencia. O accidente tivo lugar ás 18:59 horas deste luns.
 
Un accidente de moto sáldase con dúas persoas feridas en Vilanova de Arousa
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta tarde a un hospital de referencia a unha rapaza que resultou ferida tras ser atropelada por unha moto. Así mesmo,  segundo indicaron efectivos de Protección Civil desprazados ao lugar, tamén se requiriu asistencia sanitaria para atender e trasladar ao motorista ferido. O accidente tivo lugar na rotonda de Tremoedo, no termo municipal pontevedrés de Vilanova de Arousa. Tras o aviso dun particular ao fío das 15:30 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que participaron os servizos sanitarios de urxencia,  axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como, os efectivos de Protección Civil de Vilanova e de Vilagarcía de Arousa.

facebook twitter instagram