Imaxe escoitar Escoitar
Trasladada unha persoa tras incendiarse o baixo dun edificio en A Coruña
Investigan as causas dun incendio que esta tarde se iniciou nun baixo dun edificio situado na rúa Arquitecto Rei Pedreira, na cidade de A Coruña. Dende o CAE 112 Galicia, nada mais recibir a chamada de alerta de varios particulares ás 18:20 horas de hoxe, e, que aseguraban que había unha persoa tendida no chan, se pasou aviso a Urxencias Médicas, aos bombeiros da cidade e á Policía Local, quen confirmou que os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a unha persoa a un centro hospitalario de referencia. Arestora, os servizos de extinción continúan traballando no lugar.
 
Unha muller ferida tras saírse da vía e arder o vehículo que conducía en O Valadouro (Lugo)
Unha muller foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ata un centro hospitalario de referencia tras arder por completo o vehículo que manexaba despois de saírse da vía cando circulaba pola estrada que vai de Burela a Ferreira, á altura da parroquia de Budián, no municipio lucense de O Valadouro. O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso grazas a un particular que chamou ao fío das 14:00 horas de hoxe para pedir axuda. De inmediato, tras o aviso do alertante, quen ademais asegurou que o coche estaba ardendo, se puxo en marcha un dispositivo no que participaron os bombeiros de Barreiros, Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, GES de Cervo e Protección Civil de O Valadouro. Ademais, o Centro de Atención ás Emerxencias pasou aviso ao servizo provincial de incendios forestais, posto que, debido ao lugar no que se atopaba o vehículo, corría perigo de que o lume pasara ao monte. Finalmente os efectivos do parque comarcal confirmaron que o lume quedou totalmente extinguido.

facebook twitter instagram