Imaxe escoitar Escoitar

Un accidente de tráfico sáldase con dous menores feridos en Salvaterra de Miño

Dous menores de 15 anos resultaron feridos leves despois de sufrir un accidente de tráfico en Salvaterra de Miño. Os feitos ocorreron na parroquia de Fornelos, no lugar do Abelán. Unha patrulla da Garda Civil alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 17:55 horas.

Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Ponteareas e aos Bombeiros do Baixo Miño. Por precaución, os menores foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram