Imaxe escoitar Escoitar
Un incendio nunha vivenda causa un ferido en A Coruña
 Un home de 34 anos sufriu unha posible intoxicación por inhalación de fume debido a combustión dun microondas na súa vivenda e tivo que ser trasladado o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Os feitos se produciron na rúa Juan Canalejo, na cidade de A Coruña. Debido a este suceso, produciuse o desaloxo preventivo da vivenda. Dende o CAE 112 alertouse ós Bombeiros de A Coruña, a Policía Local e a Urxencias Médicas
 
Senllos accidentes de tráfico deixan 5 feridos en Santiago e Vigo
Ao redor das 15:30 horas de esta tarde producíronse dous accidentes de tráfico similares nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo. Nos dous casos o tránsito viuse interrompido a causa do número de coches implicados. En Santiago de Compostela, catro vehículos víronse implicados nunha colisión na Avenida de Lugo, xusto na entrada do túnel en sentido de entrada a cidade. Como consecuencia do impacto, resultaron feridas catro persoas, iso si, de carácter leve, que foron trasladadas polos seus propios medios. Dende CAE 112 mobilizouse a Urxencias Médicas, a Policía Local e a Protección Civil de Santiago de Compostela. En Vigo, houbo un ferido leve tras colidir 3 coches na Avenida de Madrid, dirección Praza de España, a altura do Sanatorio Concheiro. Dende o CAE 112 mobilizouse a Policía Local e a Protección Civil de Vigo.

facebook twitter instagram