Imaxe escoitar Escoitar
Os servizos de emerxencias liberan a un peón atrapado baixo un turismo despois de ser atropelado en Brión
Os efectivos do GES de Brión excarceraron esta tarde a un peón que quedou atrapado baixo o coche que o atropelou no lugar de Chave da Ponte, en Brión. Unha vez liberada, a persoa foi trasladada nunha ambulancia de Urxencias Médicas ao complexo hospitalario de referencia. Segundo confirmaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, o accidente se produciu na estrada que une A Picaraña cós Ánxeles cando pasaban vinte minutos da unha desta tarde. Tras recibir a alerta, o persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención do GES de Brión e os servizos sanitarios de urxencia.

facebook twitter instagram