Imaxe escoitar Escoitar

Falece unha muller ao envorcar a planeadora coa que navegaba en Ribeira

Unha muller faleceu esta tarde en Ribeira despois de que a planeadora na que navegaba envorcase a causa dun golpe de mar. Os feitos ocorreron en Punta do Couso, na parroquia de Aguiño.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido ás 16:50 horas, a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación ata o lugar do accidente. Ademais, o persoal do CIAE informou do ocorrido a Protección Civil, á Policía Nacional, á Garda Civil, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e á Policía Local.

Unha vez no lugar dos feitos, a embarcación de Salvamento Marítimo recuperou o corpo da muller, que foi trasladado ata Ribeira.

facebook twitter instagram