Escuchar

Unha muller ferida ao sufrir un accidente cun tractor en Mazaricos

Un accidente de tractor rexistrado en Mazaricos deixa unha muller ferida. A máquina agrícola atrapoulle unha perna. Os técnicos do equipo sanitario encargáronse de liberar a vítima. 

Os feitos tiveron lugar nunha leira situada en Gosolfre, na parroquia de Chacín.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 14:10 horas desta tarde, a través dun aviso do 061-Urxencias Sanitarias. Os efectivos médicos solicitaban apoio para trasladar a muller dende o punto do accidente á ambulancia. Con estes datos, dende a central do 112 alertouse aos Bombeiros do Xallas, ao GES de Muros, a Protección Civil e á Garda Civil. 

A muller foi evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario.