Escoitar

Unha muller e o seu fillo de tres anos resultaron feridos tras seren alcanzados por un turismo

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon hoxe a unha muller e ao seu fillo de tres anos que foron atropelados por un turismo en Ribeira. Ocorreu minutos despois das seis da tarde na Praza do Concello. Ademais do equipo médico de Urxencias Médicas, ata o lugar do accidente, se desprazou unha patrulla da Policía Local, que investiga as causas do accidente. Tras recibir a alerta, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos membros do servizo municipal de emerxencias e dos Bombeiros do parque comarcal da localidade.