Escuchar
domingo, 25 Agosto, 2019

Unha muller sofre diversas contusións tras caer co seu vehículo á Autopista de Ourense por unha ponte de acceso, na localidade pontevedresa de Silleda.

Malia ao impacto, a condutora estaba liberada e accesible, iso si, necesitou asistencia médica por mor das feridas provocadas a causa da caída.

Sobre este accidente alertou unha persoa particular mediante unha chamada ao 112 Galicia cando faltaban uns minutos para as catro desta madrugada. Simplemente vía un coche envorcado na AP-53 (Autopista de Ourense), ao paso por Cervaña. Sen embargo, coa chegada dos Bombeiros do Deza, aclarouse que o vehículo saírase da vía por unha ponte da PO-505 e caera á autopista.

Con todo, a condutora estaba liberada e presentaba diversas contusión, polo que sería trasladada ao centro hospitalario de referencia por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Coche envorcado en Vigo
Non foi a única intervención de bombeiros nun accidente. En Vigo, os membros do parque municipal tiveron que empregar o equipo de excarceración para liberar ao ocupante dun turismo envorcado na Rúa Ángel Llanos.

Igualmente, neste caso, foi a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia, ás catro desta madrugada, o que permitiu activar un operativo que, á parte dos bombeiros e dos servizos sanitarios de urxencia, contou coa participación dos axentes da Policía Local.