venres, 26 Maio, 2023
A estrutura caeu na estrada PO-234, enriba dun coche que estaba aparcado e na propia vía, no punto quilométrico 0,200. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida.
Os elementos do tellado obstaculizaban a circulación de vehículos nesa zona. Así o indicaron ao 112 Galicia varias persoas particulares, que alertaban da situación uns minutos despois das 23:00 horas.
Para garantir as condiciones de seguridade, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada afectada. Tamén acudiron os Bombeiros do Morrazo, que avaliaron os danos.