
- Escolle e planifica, con anterioridade, a ruta que máis se adecúe aos teus gustos e preparación
- Organiza, previamente, toda a información e vota conta de todo o material que podes necesitar
- Será de moita utilidade levar descargadas no teu móbil aplicacións de información meteorolóxica e de xeolocalización
- Segue a túa ruta mediante as indicacións oficiais: frechas amarelas e os marcos de pedra
- Na mochila, só o imprescindible: roupa e calzado cómodo, documentación, móbil e cargador, lanterna, gorra, auga...
- Recorda a importancia de usar calzado e roupa axeitada que transpire ben
- Durante o camiño, descansa, come e bebe equilibradamente
- Evita as horas centrais dos días de altas temperaturas. Protexe a cabeza e usa lentes e protector solar
- Nos tramos da ruta por estrada, camiña pola esquerda e faite ver
- Se vas en grupo, desprázate en fila de un e sinaliza o comezo e final do pelotón
- Se no camiño te atopas con animais soltos, evita darlles comida. Probablemente, teñan donos
- Ante calquera emerxencia no camiño, chama ao 1-1-2. A atención realízase en máis de 70 idiomas