Escuchar

O número 112 é un teléfono de atención de chamadas de emerxencia para calquera país da comunidade europea. É un servizo gratuíto e accesible desde calquera teléfono fixo, móbil ou público. Manter un protocolo de actuación correcto á hora de realizar unha chamada a este servizo faranos gañar tempo para que a persoa que sufrise unha emerxencia reciba canto antes a atención necesaria.

A continuación damos a coñecer cinco acciones que consideramos apropiadas para realizar unha chamada eficaz ao 112.

  • Mantén a calma e expresa de maneira clara e o máis preciso posible o motivo do aviso.
  • Concreta a localización onde se produciu a incidencia para axilizar o traslado doutros medios de emerxencia, é fundamental.
  • Comunica o número de persoas implicadas na incidencia e en que condicións están.
  • Facilita o nome e o teléfono da persoa que realiza a chamada, por se se perde a comunicación.
  • Colga a chamada tan só se o xestor indícanolo e mantén o teléfono libre por se os xestores necesitan volver contactar para ampliar información.