Escoitar

Aos poucos, a volta á rutina, as novas cores da natureza ou os cambios na climatoloxía sinálannos que o outono xa está aquí.

É a estación do ano que segue ao verán e precede ao inverno e que, por tanto, convídanos a realizar distintas actividades e gozar das festividades propias da época.

É un dos períodos do ano escollido por moita xente para explorar a nosa contorna e gozar das fermosas paisaxes desta estación, como, por exemplo, ver “in situ” como as follas das árbores caducas cambian a súa cor verde por tons ocres.

Ademais, o inicio desta nova estación marca o comezo da época na cal pasaremos máis tempo nos fogares.

Por iso, convén prestar atención ás seguintes recomendacións para previr situacións imprevistas que impidan gozar desta época do ano con seguridade.

A caída da folla derivada do cambio de estación pode provocar que se taponen os tellados, canlóns e baixantes.

E a época ideal para manter o tellado limpo e saneado. Así, evitaremos que se produzan filtracións no interior da vivenda.

Lembra que é indispensable o uso de medidas de protección persoal e de seguridade para facer estes arranxos.

Os tractores resultan moi útiles para traballar no campo. Aínda así, á hora de manexar estes vehículos, hai que ter en conta unha serie de pautas para evitar situacións que poidan condicionar a seguridade da persoa que o conduce.

Tanto de día como de noite, os tractores deben circular cun sinal luminoso V-2, é dicir, unha luz xiratoria de cor laranxa. Ademais, cabe destacar que debido ao seu peso e lentitude, transitarán pola beiravía, non poden superar os 40 km/h e, no caso de levar remolque, a velocidade máxima será de 25 km/h. Tampouco debemos esquecer que non poden circular por autoestradas nin autovías.

Cando se realizan traballos no campo con estes vehículos agrícolas, asegúrate de que o tractor dispón dun sistema homologado fronte á envorcadura e se sofres un accidente deste tipo, permanece dentro del e agárrate forte ao volante ou asa. Non descoides a selección axeitada dos apeiros e, por suposto, emprega o cinto.

Coa volta do outono, chega a época de recoller cogomelos. Trátase dunha actividade orixinal e divertida, perfecta para facer en grupo ou coa familia.

Antes de poñerte a iso é importante que consultes a previsión meteorolóxica e teñas en conta as horas de luz, para evitar posibles situacións que condicionen a túa seguridade.

Lembra levar contigo o teléfono móbil sempre cargado e co GPS activado, ademais de vestir unha indumentaria adecuada para esta actividade.

Recorda, tamén, que é moi importante respectar e coidar o entorno.

Ao longo do outono, as horas de luz acúrtanse. É dicir, durante esta estación os días duran menos e alárganse as noites.

Ante este feito, para protexer a un dos colectivos máis vulnerables no ámbito da mobilidade, como son os peóns, é moi importante seguir unha serie de pautas que garanticen a súa seguridade.

Durante as horas nas que hai menos luz, o uso de prendas reflectoras por parte dos peóns permite aos condutores detectar a súa presenza, co cal diminúe o risco de accidente.

Ademais, en lugares escuros, os viandantes deben cruzar en zonas onde poidan comprobar se se aproxima un vehículo.

E, por outra banda, se a persoa está a camiñar pola estrada ten que facelo, sempre, polo lado esquerdo da vía de circulación, para poder ver aos vehículos que veñen de fronte.

Imagen

No outono comézase a sentir a baixada dos termómetros e pasamos máis tempo nas nosas casas.

Unha acción común nesta época do ano é a de acender as chemineas, as cales, co paso do tempo, van acumulando feluxe e outras partículas que poden provocar un incendio, ou mesmo causar unha intoxicación

A mellor prevención para evitar que isto aconteza é realizar unha limpeza periódica. Deste xeito, gozaremos con máis seguridade da calor do fogar e tamén diminuiremos o consumo e a contaminación.