Escoitar
xoves, 24 Novembro, 2022

Tres das persoas afectadas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital Materno Infantil e as outras dúas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Os feitos sucederon nun piso dun edificio situado no lugar de Vilaboa, na parroquia de Rutis.

Foi unha das persoas afectadas quen contactou co 112 Galicia, ao fío das 05:15 horas da pasada madrugada. Segundo indicaba, atopábanse mareados na vivenda e sinalaba que podía deberse ao mal funcionamento dunha caldeira que tiñan na terraza.

De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local e á empresa subministradora do gas.

Segundo comunicaron os axentes da Policía Local ao 112 Galicia, atoparan solto o tubo de extracción de gases da caldeira e, aínda que os Bombeiros levaron a cabo as medicións pertinentes de gas na vivenda, que resultaron negativas, todo apunta a que as causas da intoxicación debéronse ao defectuoso funcionamento do aparello.

facebook twitter instagram