Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 18 Abril, 2018

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a cinco membros dunha familia, dous adultos e tres menores, por mor dunha posible intoxicación por un cheiro de hidrocarburos procedente dun taller situado no baixo do inmoble.

Ocorreu preto das dúas da madrugada nunha vivenda situada na Avenida das Mariñas, en Oleiros.

Segundo explicaron os afectados ao persoal do 112 Galicia, a familia sentía mareos e picor de ollos por mor dun cheiro a hidrocarburos que se percibía a través do patio de luces do edificio.

Tras informar aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, as persoas foron evacuadas ao complexo hospitalario de referencia.

Pola súa banda, os bombeiros de Arteixo fixeron medicións tanto na vivenda como nos arredores do taller, que deron negativas en re, aínda que si comprobaron que o cheiro se colaba polo patio de luces.

facebook twitter instagram