Escuchar
sábado, 25 Maio, 2019

Cinco persoas resultaron feridas a pasada noite en Chantada ao rematar fóra da vía o turismo no que circulaban. O accidente ocorreu na LU-P-1807, á altura da parroquia de Brigos, ao redor das 00:55 horas.

Foi a Policía Local quen alertou do sinistro ao 112 Galicia e, decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Chantada.