Escuchar

Nestes momentos, nos que pasamos tempo e tempo na casa, pode ser que un descoido á hora de facer a comida produza un incendio na cociña. Se se atopa a voltas coas potas ao lume, recorde botar un ollo de cando en vez.  Ademais, estes consellos poden axudar no caso dun incidente:

  • Tape o recipiente se o lume está no seu interior.
  • Lembre que as lapas deben sufocarse desde a súa base se empregas un extintor.
  • Agáchese e avance a ras do chan ata unha saída se a estancia está chea de fume.
  • Recorde, as fiestras abertas poden avivar o lume a través das correntes de aire.