Escuchar

Sofres un accidente. Aparentemente, só foi un golpe, unha pequena mazadura, un corte nunha cella, dor no pescozo... Tes capacidade para saír do vehículo e pedir axuda, pero como facelo en condicións de seguridade?

Aquí presentamos catro pasos cos que pretendemos que reduzas os riscos de volver a sufrir un novo accidente cando tratas de saír do teu vehículo sinistrado.

  • Por exemplo, antes de nada, intenta parar o vehículo nunha zona segura
  • Acende as luces de emerxencia
  • Abandona o vehículo co chaleco reflector posto
  • E, moi importante, sae pola porta máis afastada da circulación