Escuchar

Ante a mínima sospeita dunha fuga de gas no interior dun domicilio, local, etc, abre as fiestras e abandónao. Moitas veces, os vómitos e mareos repentinos poden ser os primeiros síntomas dunha intoxicación por inhalación de gas e/ou monóxido de carbono. Así que, procede a cortar o subministro, tamén, a corrente eléctrica e chama canto antes aos servizos de atención ás emerxencias 112 Galicia.

  • Co fin de previr as intoxicacións por inhalación de gases, revisa con frecuencia a instalación
  • Vixia que o quentador da auga tamén está en perfectas condicións: unha forma de sabelo é comprobar que a chama está completamente azul e que, en calquera caso, o efecto da combustión habitual non deixou zonas ennegrecidas.
  • O mesmo ocorre coa instalación da calefacción, pensa que, cada certo tempo, os acumuladores deben limparse.