Escuchar
Estrada con placas de xeo

É difícil detectar onde se forman placas de xeo, aínda que unha boa forma de anticiparse é comprobar o estado da vía. Por exemplo, se percibimos brillos e mesmo un manto de cor esbrancuxada, é posible que a estrada estea cuberta polo xeo. Un dos principais perigos que entraña este fenómeno meteorolóxico, sobre todo para os condutores, é que podemos perder o control do vehículo. Así, é necesario que o manexemos con extraordinario tacto, evitando os movementos bruscos e utilizando o motor como freo.

Aínda que resulta complexo percibir as placas de xeo, digamos que hai sitios nos que se adoitan a formar con máis frecuencia, por exemplo:

  • Zonas húmidas e/ou sombrías
  • Cunetas sen beiravías ou con moita vexetación
  • Debaixo de pontes e/ou pasos elevados
  • Entradas e saídas de túneles
  • En fochancas e/ou depresións do asfalto

Lembra que, ante a presenza xeo, é mellor comprobar antes o estado da estrada.