Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 2 Abril, 2020

Prosegue a cooperación galaico-portuguesa na procura do mozo que a noite do pasado martes caeu ao Miño en Melgaço.

Así, equipos de rescate dunha e outra marxe do río retomaron esta mañá os traballos de busca coa previsión de que, co paso das horas, se vaian incorporando otros recursos como o Servizo de Gardacostas de Galicia.

Arestora, operan na zona persoal das Comandancias navais galaico-portuguesas e servizos de seguridade do país veciño. En concreto, están a empregar un helicóptero para revisar a parte portuguesa, mentres que a previsión é que máis tarde se incorporen recursos do Servizo de Gardacostas para inspeccionar o lado galego.

Cómpre lembrar que o mozo portugués puido esvarar e caer ao río cando se atopaba na beira de Remoães. A chamada de alerta entrou no 112 Galicia á noitiña do pasado martes

 

facebook twitter instagram