Escoitar
luns, 18 Setembro, 2023

Esta madrugada confirmouse que o incendio estaba controlado e ao longo do día os servizos de emerxencias seguirán traballando no punto a fin de atallalo por completo.

O 112 Galicia tivo constancia deste lume quince minutos antes das 20 horas do domingo. Numerosos particulares, alertados por unha importante nube de fume que saía do tellado dun punto limpo situado no Camiño do Caramuxo, contactaron co CIAE-112 Galicia ao longo da tarde para informar sobre a situación. Algúns, ademais, explicaban que o cheiro a queimado percibíase desde unha gran distancia.

Rapidamente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, de Ribadumia e do Morrazo, dos GES de Mos e do Val Miñor, da Policía Nacional e Local de Vigo e das autoridades medioambientais da Xunta de Galicia. Ademais, no punto colaboraron medios do distrito forestal da zona e o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, que desprazou un camión nodriza.

facebook twitter instagram