Varias dotacións do parque de Bombeiros de Santiago atópanse, nestes intres, traballando na extinción dun incendio que afecta a unha das naves da Financiera Madereira, situada na N-550, en Santiago de Compostela.
Segundo indican os medios de extinción, o lume está controlado e todo parece indicar que a súa orixe tivo lugar nun dos silos de serraduras.
Ao fío das 06:15 horas desta mañá, varios particulares informaban do incendio ao 112 Galicia e, a partir de aí, os xestores de emerxencias alertaban aos Bombeiros e á Policía Local. Tamén a Policía Nacional, Protección Civil e o Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia foron informados polo 112 Galicia, así como, o 061-Urxencias Sanitarias por se fose precisa a súa intervención.
Polo momento, non hai constancia de que houbese persoas afectadas.