Escuchar
sábado, 23 Maio, 2020

Un incendio nun garaxe, situado na Rúa Sanxurxo Badía, na parroquia de Teis, en Vigo, mobilizou esta madrugada aos servizos de emerxencia e obrigou, por precaución, ao desaloxo dun edificio de dez andares. Afortunadamente, non se rexistraron danos persoais.

No interior do garaxe arderon por completo varios vehículos, cinco coches e unha furgoneta. Ademais, debido á virulencia do lume, viuse afectada polas lapas, a estrutura do inmoble.

Nada mais recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Arteixo, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, os xestores de emerxencias informaron ao Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que por fortuna, non foi precisa a súa intervención.

Tras extinguir o incendio, pasados uns minutos das cinco e media da madrugada, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que parte dos veciños das vivendas desaloxadas puideron volver ás súas casas con normalidade.