Alertas activas:

Escoitar
venres, 8 Decembro, 2023

Dous axentes da Garda Civil tiveron que intervir na tarde de hoxe para auxiliar a unha muller tras producirse un incendio na súa vivenda, que quedou moi afectada polo abundante fume acumulado no seu interior. Como consecuencia, os tres tiveron que ser evacuados polo equipo de urxencias sanitarias na tarde de hoxe. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención, ardeu a campá extractora e algúns mobles que se atopaban ao seu carón.

Ocorreu ao fío das 16:30 horas desta tarde nun inmoble situado na Rúa da Constitución, na parroquia do Temple, e ata o lugar desprazouse unha dotación dos Bombeiros de Arteixo para sufocar un lume que provocou cuantiosos danos materiais á cociña da vivenda. A actuación dos axentes da Garda Civil permitiu rescatar á muller afectada e, finalmente, os tres tiveron que ser evacuados polo equipo médico ao centro hospitalario de referencia.

Este operativo activouse despois de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que pedía axuda para a ocupante da vivenda, que solicitaba auxilio por mor dunha intensa fumareda no interior do seu domicilio.

Así, ademais dos efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento e dos axentes da Garda Civil, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram