Imaxe escoitar Escoitar
martes, 25 Setembro, 2018

Dúas persoas resultaron feridas ao caer por un terraplén despois de saírse da vía o vehículo co que circulaban.

O accidente ocorreu sobre as 20:00 horas da tarde pasada, no lugar de Figueiroa, en Ermedelo, no concello coruñés de Rois.

A esa hora, unha persoa particular pedía axuda ao 112 Galicia. Alertaba dun coche caído por un terraplén e semienvorcado nunha leira. Aseguraba que había xente no interior do turismo. Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Boiro. De igual xeito,  puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do GES de Padrón e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración dun dos dous ocupantes do vehículo.

Tras ser liberado, persoal sanitario procedeu á evacuación dos feridos. 

facebook twitter instagram