Escoitar
venres, 26 Marzo, 2021

Dous traballadores foron evacuados na tarde de hoxe tras verse involucrados en distintos accidentes laborais en Vilagarcía e Curtis.

O primeiro deles tivo lugar moi preto das catro horas nun edificio en obras na Avenida Doctor Tourón, en Vilagarcía. O teito do inmoble cedeu e, a consecuencia, un traballador resultou ferido de diversa consideración. Foi un veciño quen chamou ao 112 Galicia e, inmediatamente, desprazáronse ata o lugar os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

Nesta ocasión, os xestores do 112 tamén pasaron aviso ao Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía, aos axentes da Policía Local e Nacional e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Minutos despois, ao fío das 16:15 horas, outro operario necesitou a axuda dos equipos de emerxencia tras caer dunha altura no Polígono Industrial de Teixeiro, no concello coruñés de Curtis. O ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña polo equipo médico de urxencia, que recibiu o apoio dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Curtis.

facebook twitter