Imaxe escoitar Escoitar
martes, 27 Outubro, 2020

Os dous traballadores foron golpeados por unha póla e unha máquina respectivamente.

En Ponteareas, ao redor das 17:00 horas, un particular solicitaba ao 112 Galicia unha ambulancia para a parroquia de Bugarín, en Ponteareas. Indicaba que un operario acababa de ser golpeado por unha póla dunha árbore mentres traballaba no monte. Con todo, aseguraba que o ferido estaba consciente.

A partir de ai, os xestores do 112 Galicia alertaron de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron avisados os axentes da Garda Civil, da Policía Local  e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Nada mais chegar ao punto, os efectivos de Protección Civil confirmaron que evacuaran ao ferido ata onde o agardaba unha ambulancia medicalizada e que, posteriormente, trasladou ao operario ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Tamén, en Ponteareas, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia, sobre as 18:30 horas, da caída dunha árbore ao seu paso pola N-120, concretamente, na subida a Vilasobroso, en San Lourenzo de Oliveira. Indicaba que a árbore caera sobre a estrada e que ocupaba o carril dirección Ponteareas,  pero que non estaba ferido.

Decontado, desde o 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico , á Policía Local e a Protección Civil. Do mesmo xeito, requiriuse a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os axentes comunicaron ao 112 que foi precisa a interrupción ao tráfico no punto quilométrico 640 da N-120, mentres os operarios acondicionan a vía.  

Accidente laboral en Cambados
Por outra banda, case media hora despois, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado polos servizos sanitarios doutro accidente laboral. Neste caso, tratouse dun operario que foi golpeado na súa cabeza coa peza dunha máquina coa que traballaba. O accidente ocorreu no Campo da Vila, en Oubiña, na localidade pontevedresa de Cambados.

Nada mais ter conta do suceso, o 112 Galicia informou á Garda Civil, á Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e de Vilanova de Arousa.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés polo persoal sanitario.

facebook twitter instagram