Escoitar
venres, 21 Xaneiro, 2022

Dúas mulleres necesitaron asistencia a pasada tarde ao presentar síntomas de intoxicación de monóxido de carbono por mor da mala combustión dun quentador na Cañiza.

As dúas mulleres afectadas foron trasladadas a un centro médico polos servizos sanitarios desprazados.

Os feitos sucederon na parroquia de Oroso, ao fío das sete e media. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a alerta do escape de gas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do GES de Ribadavia, do GES-SPEIS de Ponteareas, da Garda Civil e da empresa subministradora do gas.