Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 4 Abril, 2019

Un accidente múltiple, con tres vehículos implicados, saldouse con catro persoas feridas esta tarde na AC-12, á altura do punto quilométrico 7.5, en Cambre. Dúas delas, un matrimonio de avanzada idade, tiveron que ser excarceradas ao quedar atrapadas dentro do coche en que viaxaban.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para informar do sinistro ao redor das 14:30 horas. No seu relato, indicaba que como consecuencia do impacto entre os vehículos, dúas persoas quedaron atrapadas e necesitaban axuda.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, puxeron en marcha un operativo que contou coa colaboración dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Oleiros e de Cambre, dos voluntarios de Protección Civil de Cambre e do servizo de mantemento das estradas.

Tras rematar as labores de excarceración, os servizos de emerxencias confirmaron que os catro feridos implicados no accidente foron trasladados polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram