Imaxe escoitar Escoitar
venres, 17 Xaneiro, 2020

Dúas persoas resultaron feridas a causa de senllos accidentes rexistrados en Sobrado e O Corgo.

Como consecuencia dos impactos, ambos os dous condutores quedaron atrapados e necesitaron da axuda dos bombeiros para saíren dos vehículos.

O primeiro sinistro tivo lugar, pasadas ás 18:30 horas, na estrada DP-4604, ao seu paso polo concello de Sobrado.

Foi a esa hora cando un particular contactou co 112 Galicia para dar conta dun accidente na estrada que une as localidades de Melide e Toques, a altura do cruce das Pías. Segundo explicou no interior do coche habería unha persoa atrapada e ferida despois de que un camión batera contra el.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Arzúa e dos membros do GES de Curtis. Así mesmo, informouse do suceso a Garda Civil de Tráfico.

Nestes intres, os servizos de emerxencia traballan na liberación da persoa para proceder ao seu tralado.

Excarcerada en O Corgo
Unha hora antes, unha persoa resultou ferida tras sufrir unha saída de vía no concello do Corgo, en Lugo. No momento de producirse o accidente circulaba pola LU-546, no punto quilométrico 11, dirección Lugo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 17:15 horas desta tarde, a través da chamada de alerta de outro usuario da vía. Aseguraba que o ocupante do vehículo atopábase atrapado no interior.

De contado, desde o 112 Galicia informouse aos servizo de Urxencias Sanitarios de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Tras finalizar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que foi preciso o uso do material de excarceración para liberar ao único ocupante do turismo e así, poder ser trasladada polo persoal sanitario ata o centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram