Escoitar
venres, 3 Febreiro, 2023

Ante a imposibilidade de realizar o rescate por terra, os efectivos de Protección Civil da localidade facilitáronlles prendas de roupa a ambos implicados, que estaban mollados pero en bo estado físico. Por fortuna, e aínda que o mar estaba a acadar o seu nivel máis alto, a zona na que permaneceron illados non quedou somerxida en ningún momento.

Foi un dos particulares implicados quen deu aviso ao 112 Galicia pasadas as 13:30 horas. Xunto con outra persoa e dous cans, estaban a percorrer unha ruta cando a subida da marea os sorprendeu nun illote en Carnoedo, Sada.

Desde o 112 solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Sada.

Cando os membros de Protección Civil comprobaron a dificultade para acceder por terra ata o punto, unha lancha da Cruz Vermella desprazouse por mar e rescatou aos implicados. Estes foron finalmente trasladados ao porto de Sada, tralo que abandonaron o lugar polos seus propios medios.

facebook twitter