Escoitar
martes, 31 Xaneiro, 2023

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polo Servizo Municipal de Protección Civil, o lume declarouse nun braseiro e ardeu a parte do tellado situada na zona da cheminea. Ademais, o fume provocou danos na vivenda.

Os feitos sucederon no lugar de Erbello, na parroquia de Aldán, uns minutos despois das 22:30 horas da pasada noite.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia nese momento para alertar do incendio e, axiña, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Morrazo, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cangas, da Garda Civil e da Policía Local.

Un incendio calcinou unha casa nas Somozas
Ningunha persoa resultou ferida polos efectos do incendio, que deixou a casa, de madeira e pedra, totalmente calcinada. De feito, segundo indicaron ao 112 Galicia os Bombeiros do Eume tras completar a extinción do lume, só quedara da casa o chan do primeiro e do segundo andar.

Ocorreu no lugar de Penadrade, na parroquia de Recemel.

Foi ás 20:30 horas cando o 112 Galicia recibía a alerta do incendio a través dunha persoa particular.

Acto seguido, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Eume, do GES de Ortigueira e da Garda Civil.

Os servizos de emerxencia traballaron arreo para sufocar o incendio, que quedou extinguido ás 3:30 horas da madrugada.

facebook twitter